Residencia Pública Universitaria de Ferrol

Rúa Sánchez Barcaiztegui, 28
15401 Ferrol  
residenciauniversitaria.ferrol@udc.es
Tel.: 981 337 400 ext.: 3696

Máis información

Residencia Pública Univ. da Coruña "Elvira Bao"

Biografía Elvira Bao
Praza Museo Nacional de Ciencia, 3
15011 A Coruña
residenciauniversitaria.coruna@udc.es
Tel.: 881 01 4599
Interlocutora da Residencia Elvira Bao: Lorena Lema Rey
Tel.:881 01 4598/611036766
Preguntas frecuentes

Máis información

Xornada de portas abertas curso 2025/2026

A xornada de portas abertas nas residencias universitarias da UDC será do 1 ao 10 de xullo de 2025.

Para a visita póñanse en contacto coa residencia correspondente:

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC - Curso 2025/2026

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol. Curso 2025-2026.

Nesta convocatoria establécese o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes, que permanecerá aberto desde o 23 de maio ata as 14:00 h do 23 de xuño de 2025.

 

Para o alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC: 

1º) Cumprimentar o "Formulario para a solicitude de praza nas residencias universitarias - Alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC" que aparece a continuación. Unha vez finalizado este proceso, recibirá, na dirección de correo electrónico indicada no formulario, as instrucións para o envío da documentación.

2º) Deberá responder ao correo electrónico recibido achegando o Anexo III (praza Coruñaou o Anexo IV (praza Ferrol), cuberto e asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e a documentación requirida no mesmo. Unha vez rematado este proceso, recibirá por correo electrónico a confirmación da presentación e que servirá como resgardo.

Soamente se admitirá unha única solicitude por persoa, ou Coruña ou Ferrol. No caso de que se presente máis dunha solicitude por alumno, soamente terá validez a derradeira solicitude rexistrada.

Para o alumnado de continuación de estudos, a solicitude de praza realizarase a través da seguinte ligazón: Plataforma para solicitudes 

 

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal co asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias".

Consultas sobre as residencias:

Lembra revisar tamén o Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC

Novas relacionadas coa convocatoria

 

Relación provisional de adxudicación de prazas nas residencias universitarias


Relacións provisionais de persoas admitidas, xunto coa puntuación acadada, e de solicitudes excluídas xunto coa causa da exclusión

As persoas excluídas disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o 1 de agosto de 2025) para achegar a documentación que permita emendar os erros que se apreciaren. Deben achegar a documentación que proceda por correo electrónico á dirección: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.es indicando no asunto: "relación provisional residencias".

A fíanza non pode presentarse ata a publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos.

Resolución definitiva de adxudicación de prazas nas residencias universitarias

Resolución definitiva de prazas de aloxamento nas residencias universitarias 2025/26

As persoas con praza concedida disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o 12 de agosto de 2025, incluído) para aceptar a praza e depositar a correspondente fianza.

 

Prazas de aloxamento para estudantes de programas de mobilidade internacional

Resolución definitiva de estudantes admitidos e en lista de agarda de prazas de aloxamento para estudantes de programas de mobilidade internacional da Universiade da Coruña nas residencias públicas universitarias dos campus de A Coruña e Ferrol. Curso 2025/26 (consulta aquí).

 

O alumnado disporá de cindo días hábiles para aceptar a praza e depositar a correspondente fianza de 150 euros. O procedemento para o ingreso da fianza e o pago das cotas de residencia está descrito no final do documento.  

O xustificante de dito ingreso enviarase por correo electrónico a residence.iro@udc.gal, e servirá confirmación da aceptación da praza por parte da persoa adxudicataria.  

 

Solicitude de prazas vacantes 2025-2026

Unha vez finalizada a convocatoria ordinaria do curso 2025/2026 abrirase o prazo para a solicitude de prazas vacantes. 

 

Solicitude de prazas vacantes para o curso 2025-2026 nas residencias públicas universitarias, logo da resolución reitoral definitiva da convocatoria de adxudicación de prazas para o dito curso.

O prazo de solicitude de aloxamento permanecerá aberto até o último día hábil do mes de xuño de 2026

O procedemento, condicións e requisitos dos solicitantes establécense na Resolución de 12 de maio que poden atopar, xunto coRegulamento de Réxime Interno das Residencias Públicas da UDC, nas seguintes ligazóns:

Para consultas sobre este procedemento debe dirixirse a:
- Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.gal 
- Residencia Pública Universitaria de Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.gal 

Para presentar a súa solicitude debe encher o seguinte formulario:

Incorporación na Residencia Universitaria Elvira Bao da Coruña

Unha vez publicada a relación definitiva de asignación de prazas na Residencias Públicas Universitarias para poder acceder a habitación asignada nesta convocatoria é necesaria a solicitude de cita previa.

Para poder solicitala debe encher o formulario ao que accederá na seguinte ligazón:

CITA PREVIA ENTRADA NA RESIDENCIA ELVIRA BAO