Conferencia de Rectores de Universidades Españolas

Programa Nacional de Mobilidade SICUE

Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE)

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por Crue-Asuntos Estudiantís e Crue-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000. Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos en unha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se encontra matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.​

Na Universidade da Coruña, para o próximo curso 2020/2021, participamos neste programa con acordos bilaterais con 51 universidades españolas e cunha oferta de máis de 450 prazas para estudos de grao.

A continuación poderás ver a información referente ao programa de mobilidade para o próximo curso académico 2020/2021 e o xeito de presentar a túa solicitude de participación.

Para calquera consulta pódeste dirixir ao Coordinador/a SICUE do teu Centro ou ao Servizo de Estudantes ao correo electrónico: sicue@udc.es 

Se queres revisar a información referente ao presente curso académico 2019/2020 pódelo facer na seguinte ligazón:

https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-para-o-programa-de-intercambio-SICUE-para-o-curso-2019-2020/

Curso 2021/2022

A partir deste curso académico a tramitación deste programa de mobilidade nacional SICUE será realizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI).

Podes atopar as páxinas con máis información nas seguintes ligazóns:

Curso 2020/2021

Requisitos xerais:

Para poder solicitar plaza no programa de intercambio SICUE para el curso 2020-2021,  establécense os seguintes requisitos xerais no plan de estudos no que solicites a mobilidade:

  • Ter superados na universidade de orixe un mínimo de 45 créditos (antes do 30/09/2019).
  • Estar matriculado ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes, nun mínimo de 30 créditos no curso 2019/2020.
  • Os estudantes procedentes de traslado deberán ter superados os 45 créditos na universidade a que se trasladaron, na cal solicitan a mobilidade.
  • Cursar un mínimo de 45 créditos si a duración da estancia é de curso completo, ou cursar un mínimo de 24 créditos si a estancia é de medio curso, salvo que queden menos para finalizar a titulación e se estableza un acordo dos coordinadores.

O resto de requisitos, o procedemento, o desenvolvemento do programa e o recoñecemento destes estudos realízase nos termos previstos na Normativa de xestión académica da UDC, pola propia normativa do Programa SICUE para o curso 2020/2021 emitida pola Conferencia de Rectores de Universidades Españolas CRUE e polo establecido na convocatoria propia da Universidade da Coruña para o curso 2020/2021.

Este programa de intercambio de  alumnos entre universidades españolas non dá dereito a axuda económica. 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ate as 23:59 h do día 13 de marzo de 2020

Lembra que antes de presentar a túa solicitude debes ter o visto e prace do/da coordinador/a SICUE do teu Centro.

Podes atopar aquí a relación de coordinadores SICUE da UDC para o curso 2020/2021

Para coñecer o resto dos requisitos (as particularidades para o teu caso concreto), como se desenvolvera o intercambio e o procedemento a seguir para túa participación debes revisar a convocatoria propia da UDC, a normativa citada  e o resto da información que podes atopar nas ligazóns que se indican a continuación.

Nos seguintes apartados atoparas a oferta de prazas, para que selecciones as do teu interes, e o acceso ao formulario de solicitude.

Información para ESTUDANTES ENTRANTES das Universidades con acordo bilateral

Aquí atoparas a informacíon do procedemento a seguir, plazos, matrícula e un resumo dos principais servizos que terás á túa disposición durante tu estancia en nuestra Universidad.

Descarga aquí o documento coa información

Oferta de Plazas SICUE da UDC para o curso 2020/2021 (revise as últimas modificacións pola COVID-19)

Resolución da convocatoria 2020/2021

Resolución Definitiva

A Comisión de Valoración do programa de mobilidade acordou a publicación de:

Establécese un prazo de 5 días hábiles, do 6 ao 10 de xullo, para a presentación de:

  • Aceptación da praza obtida
  • Renuncia á praza obtida

A presentación da aceptación ou renuncia da praza obtida realizarase a través do formulario, ao que podes acceder premendo no botón que figura a continuación, e engadindo ao mesmo o impreso de aceptación ou impreso de renuncia debidamente asinado, no caso de firma manual debe achegarse escaneado ou fotografado, e nomeado segundo o que se indica no formulario.

No caso de que teñas dúbidas ao respecto da situación actual na túa universidade de destino, contacta co/coa coordinador/a SICUE do seu centro

Revisa aquí a resolución definitiva con adxudicación de prazas, lista de espera e exclusións

Resolución Provisional

Relación provisional de solicitudes  admitidas, ordenadas pola nota media do expediente, e excluídas, coa indicación da causa de exclusión

Establecese un prazo de 10 días hábiles,  que remata o día 25/06/2020para presentación de:

  • Reclamacións á lista provisional publicada polos medios indicados na resolución
  • Renuncias á súa solicitude no caso de que:
    • Aceptara unha estadía de mobilidade noutro programa da UDC para o curso 2020/2021. 
    • Revisada a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas, vistas as modificacións acordadas pola comisión e as últimas modificacións na oferta de prazas producida pola COVID-19, non estea interesado/a en continuar co procedemento  

No caso de que teña dúbidas ao respecto da situación actual na súa posible universidade de destina para a súa titulación, contacte co/coa coordinador/a SICUE do seu centro

Resolución provisional publicada na Sede Electrónica