Convocatorias bolsas de Colaboración, curso 2020/2021
A Universidade da Coruña e o Banco Santander realizan as seguintes convocatorias de bolsas de formación complementaria:
Resolución provisional das bolsas
Resolución definitiva das bolsas
Coa aceptación da bolsa, a persoa interesada comprométese a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria. Deberase efectuar no prazo de 3 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución da adxudicación da bolsa no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC.
O prazo comeza ás 00:00 h. do día 21 de outubro de 2020 e remata as 23:59 horas do día 23 de outubro de 2020
A aceptación e presentación da documentación necesaria para formalizala, realizarase telemáticamente desde o formulario que atoparán ao pé desta páxina, mediante a presentación dos documentos asinados, de xeito dixital ou manualmente e escaneados, pola persoa interesada:
- Impreso de aceptación ou renuncia
- Documento acreditativo do Número de NUSS (número de usuario da Seguridade Social):
- Se non dispón do Número de Usuario da Seguridade Social (NUSS):
- Se dispón de NUSS, pero non o recorda ou non ten acreditación, pode consultalo e descargar a acreditación telemáticamente dende aquí
-
Para xestións presenciais nas oficinas da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pode dirixirse ás seguintes oficinas:
A Coruña - TXSS: Ronda de Nelle, 76. CITA PREVIA: 981 14 59 07
Ferrol - TXSS: Rúa Mahón, 10. CITA PREVIA: 98136 91 00
- No caso de que, por mor da COVID-19, non consiga o NUSS no prazo establecido na Resolución, cando menos deberá subir no formulario un xustificante de ter pedido Cita Previa na Seguridade Social (SS) ou resgardo de telo solicitado a través da Sede Electrónica da SS dentro do prazo establecido.
- Impreso de alta de persoal:
- No caso de que, por mor da COVID-19, non consiga o NUSS no prazo establecido na Resolución e, no paso anterior, achegara un xustificante ou resgardo de telo solicitado, deberá de subir o arquivo provisionalmente asinado sen o devandito NUSS e nomeándoo como se lle indica no formulario.
- Ademais, dentro do prazo indicado para a aceptación, as persoas adxudicatarias deberán:
- Deben solicitar a alta no sistema contable da UDC dunha conta bancaria do Banco Santander (sen non a teñen deben solicitala antes no Banco Santander), onde desexen que se realicen os ingresos pertinentes, a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal) seleccionando nos trámites de xestión económica o de “alta/baixa/modificación terceiros”. Poden acceder directamente desde a ligazón: https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003/start
- Durante o proceso deberán entregar un documento xustificativo do número de conta para a alta e outro arquivo con copia do seu documento de identificación.
- Inscribirse na plataforma de bolsas do Banco Santander, segundo corresponda, nas ligazóns:
- Bolsas de Colaboración de formación complementaria nos centros propios da UDC:
- Bolsas de Colaboración en departamentos:
Se no prazo de 3 días hábiles non se recibise a aceptación da persoa adxudicataria, entenderase que renuncia á bolsa.
Para calquera dúbida poden enviar un correo electrónico a sape@udc.gal poñendo no asunto "bolsas colaboracion UDC-Santander"
FORMULARIO PARA PRESENTAR A ACEPTACIÓN/RENUNCIA E A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA